Thursday 09 de May de 2024

Os benxamíns do Oroso Futsal proclámanse campións da Liga de Fútbol Sala de Santiago


O Oroso Futsal Bar Tapas Benxamín proclamouse campión da Liga de Fútbol Sala de Santiago de Compostela 2015-2016, clasificándose así para disputar o campionato provincial que dará comezo o próximo 9 de abril e que está organizado pola Federación Gallega de Fútbol Sala. Os nenos e nenas do Oroso F.S. Bar Tapas impúxose na gran final ao Villestro FC por 4 goles a dous.

Anteriormente, o Oroso FS quedara primeiro na súa liguiña previa polo título e vencera de xeito contundente ao Victoria FC EG Cuatro Motor en cuartos de final (4-0) e ao Victoria FC Gráficas Alonso en semifinais (5-1).